Death By Chocolate
Brief from client
PROXECTO
Deseñar a identidade visual corporativa e aplicacións gráficas para un establecemento de venta
de chocolate e produtos afíns.
CLIENTE
Death by chocolate
SITUACIÓN E OBXECTIVOS
Esta nova empresa xurde co obxectivo de ofertar unha serie de produtos diferentes e de
calidade especializándose na venda directa de chocolate e derivados.
O nome de "death by chocolate" (morte por chocolate) fai referencia a unha ampla gama de
produtos cuxo principal ingrediente e o chocolate e/ou o cacao.
A estratexia de mercado pasa por apostar, fundamentalmente, pola calidade, variedade, a boa
imaxe, excelente atención e un trato personalizado.
Os produtos á venda serán, fundamentalmente, de marcas recoñecidas e cun certo caché dentro
do sector. Non haberá produtos que se poidan adquirir facilmente en tendas ou supermercados.
Tamén haberá algúns produtos de marca propia.
Os prezos variarán entre unha gama media-alta e alta; podería haber algúns artigos máis
exclusivos, aínda que de xeito excepcional e/ou baixo pedido.
A empresa deberá obter, a través da súa gráfica comercial, unha forte personalidade que lle
axude a posicionarse eficazmente no sector das tendas especializadas. Segundo os resultados
obtidos nunha primeira etapa estaría aberta a posibilidade de ampliar o negocio en forma de
cadea ou franquicia noutras cidades e paises.
Establecese un público obxectivo amplo se ben o carácter innovador da empresa a achega máis
a persoas novas e cun certo nivel cultural e adquisitivo.
APLICACIÓNS GRÁFICAS
Simboloxía
- Logomarca
- 2º aplicación
Papelería
- 1ª y 2ª folla
- Sobres americanos con e sen ventá
- Tarxetas de visita (personalizada e sen personalizar)
- Factura e albarán
- Fax (1 tinta)
- Sobre-bolsa C-5
- Papel de regalo
- Bolsa de Papel
Medios dixitais
- Deseño de web corporativa
Realizarase o deseño de unha ou varias pantallas da web corporativa (en
función das necesidades de cada proxecto). Deberanse ter en conta aspectos
tales como a usabilidade, o sistema de menús, o tipo de contidos, o
adecuamento corporativo, o tipo e tamaños das tipografías, etc.
O resultado final terá que mostrar o aspecto real que tería a web unha vez
rematada e subida á rede.
- Deseño de plantilla para e-mail
Outras aplicacións corporativas
- Rótulo exterior
- Vestiario para dependentes
- Vehículo corporativo
Tarxeta de fidelización e obsequio promocional:
- Tarxeta modelo ISO 7810 ID-1 en PVC con chip
- Un obsequio promocional, non demasiado complexo ou caro; que sexa orixinal, e que
esté relacionado coa actividade da empresa ou algún dos seus valores de identidade.
Evitarase escoller regalos funcionais (máquinas, dispositivos, etc); poden utilizarse
obxectos que só sirvan para ser vistos, tocados, ouvidos, para facer rir, chorar, berrar,
pensar... Pódense construír ou mesturar varios obxectos diferentes para xerar outro
novo. En calquera caso a finalidade deste regalo promocional é o de chegar ós
usuarios dun xeito creativo, único, e conseguir así facer especial un obxecto cotián e
vencellalo á marca, é dicir, o proceso de personalización deberá adecuarse á empresa
e ó seu carácter e polo tanto terá que reflectir algún dos seus valores fundamentais
así como resultar atractivo de cara ós usuarios.
En cada aplicación especificaranse a medida real da mesma, a escala de representación, as
tintas empregadas e a técnica de impresión.
Presentarase unha fotomontaxe ou representación que mostre o aspecto final das
aplicacións.
4 Comments
A bit week non the typography. Kerning needs some help. Like the irregular outer shape.
I think the kerning is supposed to be a bit random to fit in with the style of the different size letters. I quite like it. You do need to make the "el chocoleit" line a bit bigger though, as it will disappear when the logo is produced small.
Thanks for your insightful comments. I'll try to improve sub lines in my next projects. Is welcome constructive criticism.
I love it. It's really memorable.
Good work.